A Coordinadora Galega de ENDL (Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística) está formada por equipos de centros públicos, privados e concertados, e deles formamos parte profesionais  do ensino que levamos anos traballando a prol do galego; persoas de ideoloxías  moi plurais, unidas por un mesmo ideario lingüístico: o  galego é a lingua propia de Galicia,  tal e como di o Estatuto de autonomía.
A Coordinadora naceu en abril de 2009 e foi creada coa intención de coordinar actividades e experiencias dos equipos de toda Galicia, e ademais servirlle de voz pública aos ENDL que traballan nos centros de ensino.
Imprimir













0 comentarios:
Publicar un comentario