jueves, 14 de abril de 2011

Préstamo de e-readers e e-books

. jueves, 14 de abril de 2011


Biblioteca Pública de Santiago Anxel Casal: O día 26 de abril inaugurouse o préstamo de dispositivos de lectura (e-readers) de libros en formato electrónico (e-books) enmarcado nun proxecto do Ministerio de Cultura no que participan 15 bibliotecas españolas. Os usuarios disporán dun total de 48 aparatos: 20 para prestar a domicilio, 8 de consulta en sala e outros 20 para prestar aos integrantes dos nosos clubs de lectura. A novidade do servizo que presentamos na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal radica na posta en funcionamento, por primeira vez en España, dunha plataforma elaborada pola Dirección Xeral do Libro e Bibliotecas da Consellería de Cultura e Turismo, desde a que os usuarios poderán descargar, nos dispositivos que lles prestaremos, os libros en formato electrónico que aparecerán no catálogo da plataforma. 
Nesta primeira fase do servizo, a maioría dos títulos a disposición dos usuarios serán libres de dereitos de autor.

Imprimir

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Ir arriba